RT Generic T1 A figura de Briseida: relevancia e biografía na Ilíada A1 Pérez Bernárdez, Laura K1 Briseida K1 Ilíada K1 Guerra de Troia K1 Escravas de guerra AB Este traballo ten por obxectivo o estudo da figura de Briseida: como era a vida dunha muller hai miles de anos que, sendo filla do rei Briseo e, polo tanto, princesa en orixe, viviu a súa vida convertida en escrava de guerra. No contexto global do conflito bélico máis importante da época, a Guerra de Troia, Briseida é utilizada, xunto con Criseida (filla do sacerdote Crises) como premio dos dous guerreiros mais destacados da batalla: Agamenón e Aquiles. Cando ao primeiro lle quitan a súa escrava Criseida, o segundo queda sen a del, Briseida, porque Agamenón esixe que lle sexa compensado o botín que lle viñan arrebatar. Establécese, pois, un xogo de poder entre estes guerreiros, aos que lles importa máis o seu honor e os trofeos que a propia loita e o seu desenlace. Briseida convértese no motivo de disputa entre os principais líderes gregos, o que provoca a división e conseguinte diminución de forzas no campo de batalla. É, xa que logo, unha personaxe de especial relevancia no relato recollido na Ilíada e compre recoñecerlle o seu papel. Asemade, o traballo tamén se centrará no máis persoal de Briseida: as súas orixes, como queda viúva precisamente por culpa de Aquiles e como afronta o seu loito tendo que convivir com quen matou ao seu marido. Briseida vese desamparada sen o seu companheiro e, ao mesmo tempo, sen un futuro e sometida ao poder doutro guerreiro. Analizarase en que medida pode unha viúva e escrava de guerra manifestar a súa dor pola perda dos seus seres queridos e como é o destino que lle espera. YR 2022 FD 2022 LK http://hdl.handle.net/10347/30250 UL http://hdl.handle.net/10347/30250 LA glg NO Traballo Fin de Grao en Filoloxía Clásica. Curso 2021-2022 DS Minerva RD 23 abr 2026