RT Generic T1 Percepcións e actitudes lingüísticas aos dous lados da raia A1 Díaz Nicolino, Lucía K1 Variación lingüística K1 Xeografía lingüística K1 Identidade lingüística K1 Fronteira galego-portuguesa K1 Comarca de Verín K1 Comarca de Vila Real K1 Galego K1 Portugués AB O traballo consistirá nunha investigación sobre a actitude lingüística dos falantes nunha zona de fronteira, prestando atención a ambos lados da raia. Indagarase na percepción e actitude dos falantes fronte a unha lingua diferente pero semellante á súa e como ésta constrúe unha identidade diferenciada ou tal vez enfrontada coa propia. Preténdese recoller aqueles trazos que os propios falantes identifican como comúns a ambos lados e cales consideran exclusivos da súa zona, co obxectivo de chagar a unhas consideracións globais respecto da lingua e a comunidade veciña que nos permita identificala como "os outros".A metodoloxía empregada será a realización de enquisas dirixidas que se centrarán no sur de Ourense, nalgunhas aldeas raianas da comarca de Verín, e en determinados puntos portugueses da comarca de Vila Real. Deste xeito preténdese conseguir unha visión xeral dos xuícios avaliativos que os falantes van construíndo en relación a variación lingüística xeográfica. As reflexións dos falantes sobre a lingua veciña serán un reflexo da noción que teñen sobre a outra comunidade. Intentarase tamén, recoller información sociodemográfica que nos permita coñecer datos das relacións mantidas entre os habitantes de ambos lados da fronteira, para determinar se poden servir como explicación a un determinado prexuício YR 2018 FD 2018-11-06 LK http://hdl.handle.net/10347/23436 UL http://hdl.handle.net/10347/23436 LA glg NO Traballo Fin de Grao en Lingua e Literatura Galegas. Curso 2018-2019 DS Minerva RD 28 abr 2026