RT Book,_Whole T1 IV Xornada de usuarios R en Galicia: programa e resumos A1 Ginzo Villamayor, María José AB A Oficina de Software Libre (OSL) do CIXUG comprácese en presentar a IV Xornada de Usuarios de R en Galicia. Pretende ser un punto de encontro para todas aquelas persoas interesadas en intercambiar as súas experiencias e atopar colaboracións co resto da comunidade, ademais trátase de promocionar e difundir o coñecemento libre da linguaxe estatística R e mostrar as súas aplicacións. O programa contempla doce relatorios ao longo de todo o día, ademais de dous obradoiros: Introdución a R e Web Scraping. Entre os participantes figuran especialistas da Oficina de Software Libre do CIXUG, do Instituto Galego de Estatística, da Consellaría de Sanidade e outros organismos da Xunta de Galicia, das tres universidades galegas, do Cesga e de empresas como INDRA ou SolidQ.Todo isto non sería posible sen o patrocinio de AMTEGA e a colaboración de da Facultade de Matemáticas, ás que agradecemos a súa contribución. Confiamos que os asistentes a xornada desfruten da mesma e dunha cidade que os acolle cos brazos abertos. YR 2019 FD 2019 LK http://hdl.handle.net/10347/32702 UL http://hdl.handle.net/10347/32702 LA glg NO AMTEGA DS Minerva RD 28 abr 2026