RT Generic T1 Sentimento de lugar e eucaliptos: unha aproximación interdisciplinar ao estado do monte en Galicia A1 Martínez Cabrera, Helena K1 Eucalipto K1 Eucalyptus K1 Galicia K1 Plantaciones forestais K1 Plantacións forestais K1 Forest plantations K1 Monte galego K1 Monte gallego K1 Silvicultura K1 Forestry AB Galicia non é un paraíso natural: é verde eucalipto. Ou piñeiro, como ben louba Pondal no himno galego. O IV Inventario Forestal Nacional, recollía que por primeira vez na historia, o 20% da superficie arborada de Galicia corresponde a poboacións de eucalipto, 2 puntos percentuais por enriba da seguinte especie máis común, a de piñeiro pinaster ou piñeiro do país. Os últimos datos dispoñibles falan de que un 51,2% da superficie arborada de Galicia corresponde na actualidade a plantacións forestais (Vallejo Bombín, 2011). O estado do monte en Galicia evoca cuestións sobre a causalidade. Por que o monte está así? A quen interesa? Por que a fuxida cara unha monotonía na paisaxe cando dende fóra vese Galicia como unha xoia natural? Por que a repoboación con especies de crecemento rápido, como o piñeiro e eucalipto está aceptada socialmente? Que fai falla para constituír un rural vivo? Dentro desa lóxica, este TFM-12 busca revelar como os cambios no monte galego, en especial o aumento das plantacións forestais para usos industriais nas derradeiras décadas poden ter influenciado na consideración do monte como significativo para a poboación. Identidade, construción dun rural vivo e interiorización dos cambios na paisaxe. Sobre estes tres eixos xira o traballo que a continuación presentamos. Lonxe de querer constituírse o mesmo como un alegato nostálxico do sistema agrario tradicional galego, trataremos de expoñer como a extensión do cultivo de especies forestais de crecemento rápido en Galicia pode estar poñendo en risco a sostibilidade futura e presente de todo o ecosistema, tanto no senso ambiental, económico como social. Farémolo dun xeito interdisciplinar. O noso obxecto de estudo será a aceptación xeralizada e en consecuencia a falta de comportamentos reactivos a grande escala en Galicia diante os cambios no estado do monte e o uso medrante do mesmo para a produción forestal con especies de crecemento rápido. En resumo, a aceptación da eucaliptización. YR 2016 FD 2016 LK http://hdl.handle.net/10347/23038 UL http://hdl.handle.net/10347/23038 LA glg NO Traballo Fin de Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación. Curso 2015-2016. DS Minerva RD 23 abr 2026