RT Dissertation/Thesis T1 Unha vella sociedade rural do interior coruñés: a comarca de Ordes entre o Antigo e o Novo Réxime (séculos XVIII-XIX) A1 Sandoval Verea, Francisco Manuel K1 Historia Rural K1 Historia Local K1 Demografía histórica K1 Historia de la Educación K1 Historia de la Familia K1 Rede viaria K1 Feiras K1 Organización do territorio AB Durante o Antigo Réxime e primeiras décadas do Novo Réxime Liberal, Galicia amosa un panorama de ampla diversidade socioeconómica. Neste contexto, a comarca de Ordes preséntase como unha terra de transición entre as zonas economicamente máis desenvolvidas do litoral, dos vales prelitorais e das zonas vitícolas do interior, e as áreas máis atrasadas do interior de Lugo e Ourense. A súa climatoloxía pouco benigna limitou a variedade de cultivos dándolle especial relevancia á gandería. A estrutura demográfica aparece como pouco evolucionada e a poboación presentaba baixas densidades cun poboamento e un hábitat rural de dispersión extrema. En ausencia de núcleos de poboación concentrada, a articulación do territorio recaía nas feiras e na rede viaria. A aproximación á organización socioeconómica e ao réxime de propiedade da terra descobre unha sociedade na que a os efectivos dos estamentos privilexiados eran moi reducidos e na que as diferenzas de riqueza dentro do campesiñado eran máis acusadas que noutras zonas de Galicia. Isto reflectíase no predominio de contratos agrarios pouco favorables para o campesiñado, como o arrendo e a parzaría, con limitada presenza do foro. A polarización económica vese reflectida tanto na tipoloxía das familias como no elevado peso do servizo doméstico. Tamén parece ser a causa dos baixos índices de alfabetización, así como da precaria rede escolar que impedía o acceso da maior parte da poboación á aprendizaxe da lectura e da escritura. YR 2022 FD 2022 LK http://hdl.handle.net/10347/29312 UL http://hdl.handle.net/10347/29312 LA glg DS Minerva RD 23 abr 2026