RT Book,_Whole T1 Movementos en masa A1 Taboada Rodríguez, Teresa María K1 «Creep» ou Reptación K1 Solifluxión K1 Fenómenos de subsidencia K1 Colapso K1 Afundimentos K1 Hundimientos K1 Corrementos de terra K1 Corrimientos de tierra K1 Gradiente da ladeira K1 Inclinación de ladera K1 Xeoloxía Ambiental K1 Máster en Medio Ambiente e Recursos Naturais AB O programa que se presenta está especificamente deseñado para o alumnado que cursa o Máster de Medio Ambiente e Recursos Naturais, polo que se centra naqueles aspectos da Xeoloxía Ambiental que non se estudan noutras materias da titulación; por exemplo non se estuda o solo como recursos porque os alumnos cursan distintas materias desa disciplina.Dentro do programa pódense diferenciar claramente dúas partes, na primeira estúdanse os recursos (unidades II a IV) e na segunda os riscos (unidades V a IX)xeolóxicos.A presente unidade didáctica (en diante UD) encádrase na parte do programa onde se estudan os distintos riscos xeolóxicos, é dicir, aqueles fenómenos asociados a procesos xeolóxicos naturais que teñen lugar na superficie da Terra e que representan unha ameaza para a vida humana e para as súas propiedades. Nas unidades anteriores estudáronse os riscos xeolóxicos que son resultado de forzas do interior da Terra (erupcións volcánicas e terremotos) e nesta UD comezamos a analizar os resultantes de forzas externas (na superficie da Terra ou moi preto dela).Os movementos en masa constitúen un conxunto de procesos mediante os cales os materiais terrestres móvense por acción da gravidade. A maioría destes movementos teñen lugar en zonas de ladeira; pero mesmo en zonas chairas pódense producir desprazamentos, de maneira que existen poucas áreas totalmente exentas de perigo. En primeiro lugar trataranse aqueles movementos en masa non incluídos entre os corrementos de terra e a continuación centrarémonos nos corrementos de terra. Estudaranse os procesos, as consecuencias e as medidas para a prevención e a mitigación dos danos que poidan ocasionar. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-9887-896-7 YR 2012 FD 2012 LK http://hdl.handle.net/10347/10028 UL http://hdl.handle.net/10347/10028 LA glg NO Titulación: Máster en Medio Ambiente e Recursos Naturais -- Materia: Xeoloxía Ambiental NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 6 jun 2026