RT Report T1 Estimación do impacto socioeconómico das DOP vitivinícolas de Galicia A1 López Iglesias, Edelmiro A1 Andrade Calvo, José Manuel A1 Ribas Álvarez, Alfonso A1 Fernández Piñeiro, Ángela K1 Denominacións de Orixe Protexidas K1 Sector vitivinícola K1 Galicia AB Os resultados da estimación realizada poden resumirse así:• A cadea de produción vitivinícola xeraba en 2020 en Galicia unha produción de 361,6 millóns de euros, un VEB de 229,1 millóns e ao redor de 4.300 postos de traballo.• Iso supón o 7,6% do VEB e o 6,8% do emprego do complexo agroalimentario. E algo máis do 0,4% do VEB e do emprego total da economía galega.• Dos dous compoñentes da cadea, a industria vitivinícola achega preto do 41% do VEB, mentres que en termos de emprego ten moita maior relevancia a viticultura, que xera 2/3 dos postos de traballo da cadea produtiva.As 5 DOP vitivinícolas achegan o 1,9% do PIB e o 2,2% do emprego dos seus territorios, porcentaxes moi superiores ao peso da cadea vitivinícola no conxunto de Galicia. A dependencia relativa das actividades da DOP é especialmente elevada no Ribeiro, onde supoñen o 3,98% do PIB e o 5,4% do emprego. Mentres que, no extremo contrario, ese peso limítase ao 1,68% tanto do PIB e do 1,4% do emprego no conxunto dos concellos que forman hoxe o ámbito da DOP Rías Baixas. PB Fundación Juana de Vega YR 2023 FD 2023 LK http://hdl.handle.net/10347/31741 UL http://hdl.handle.net/10347/31741 LA glg DS Minerva RD 28 abr 2026