RT Dissertation/Thesis T1 "Por eso meu carro canta". Manuel María e a canción galega, 1967-1982 A1 Teijeiro Suárez, Eva María K1 Manuel María K1 canción galega K1 Voces ceibes K1 canción de autor K1 posfranquismo AB Nos anos centrais da segunda metade do século XX, nun contexto adverso para o idioma e a cultura de Galiza, no marco das relacións entre a canción con carácter reivindicativo e a poesía, destaca a figura de Manuel María, quen denuncia na súa obra a opresión á que está sometido o pobo galego e a progresiva perda da identidade que iso implica. A súa contribución ao nacemento e á consolidación da moderna canción galega, insírese nun amplo abano de actuacións a prol da lingua e da cultura propias das que é partícipe -dalgunhas mesmo promotor- na súa constante loita contra o silencio. Este motivo argumental, xunto coa defensa do patrimonio lingüístico e cultural de Galiza, vertebra o seu percorrido vital e literario. Neste traballo analízanse as achegas do poeta lucense á interacción entre a música e a literatura galegas, o que contribúe decisivamente á difusión da súa mensaxe poética e á apropiación popular da súa escrita, na que a contraposición entre a presenza e a ausencia de sons resulta clave para interpretar a súa intervención no ámbito lírico-musical. YR 2025 FD 2025 LK https://hdl.handle.net/10347/42951 UL https://hdl.handle.net/10347/42951 LA glg DS Minerva RD 24 abr 2026