RT Book,_Whole T1 O método contable A1 Rodríguez Gil, Luis Ignacio AB A contabilidade encárgase de estudar, medir, rexistrar e comunicardeterminados feitos económicos, co fin de que resulte útil na toma dedecisión e control os distintos axentes económicos (administración pública,entidades financeiras, clientes, provedores, investidores, xestores,propietarios, etc.,). Para cumprir este cometido e comunicar a informacióncontable e requisito imprescindible elaborar previamente a mesma que serápublicada a través dos estados contables (balance, conta de resultados,estado de cambios no patrimonio neto,estado de fluxos de efectivo ememoria). A contabilidade para elaborar esta información segue un métodoespecífico o que se coñece como método contable.Non todos os alumnos de primeiro curso do grao contan concoñecementos en materia contable. En consecuencia, a materia estádirixida especialmente aos que se inicien na formación contable, móstrasecomo identificar e valorar os distintos elementos que integran o patrimonioda empresa, asimílase o método contable, estúdanse detalladamente todase cada unha das etapas do ciclo contable,e unha vez introducido o conceptode normalización contable e os sistemas existentes, analízase o marcoxurídico da contabilidade en España, prestando unha especial atención aoPlan Xeral de Contabilidade que entrou en vigor en xaneiro do 2008.Esta unidade é importante para a formación do alumno ao permitirlleacomprender o funcionamento contable dunha empresa, ao tempo queresulta necesaria para o correcto desenvolvemento das unidadesposteriores, así como de todas as materias contables posteriores. En cantoá duración, está deseñada para ser desenvolvida nunhas 5-6 horas entreexpositivas e interactivas. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-9887-973-5 YR 2013 FD 2013 LK http://hdl.handle.net/10347/34010 UL http://hdl.handle.net/10347/34010 LA glg NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 21 abr 2026