RT Dissertation/Thesis T1 Complexos de lantanoides como potenciais moléculas imán A1 Corredoira Vázquez, Julio K1 Química de Coordinación K1 Lantanoides K1 Magnetismo K1 Moléculas Imán AB A presente Tese de Doutoramento enmárcase dentro da área do magnetismo molecular, campo en continua expansión, motivada polas potenciais aplicacións dos imáns moleculares no almacenamento magnético de alta densidade, na espintrónica molecular e/ou na xeración de qubits que proporcionen melloras no campo da computación cuántica. Este traballo ten por obxectivo final a obtención de novos imáns moleculares de lantanoides con barreiras enerxéticas e temperaturas de bloqueo elevadas. Nel descríbense o deseño racional e o traballo levado a cabo para a obtención de diversas series de complexos metálicos de lantanoides con potencial comportamento de moléculas imán, así como a súa caracterización estrutural, estudo das propiedades magnéticas e, nalgúns casos, estudos de luminescencia e mediante cálulos ab intio. Con esta investigación preténdese ademais xerar novas correlacións magnetoestruturais que permitan obter imáns moleculares con propiedades melloradas. YR 2022 FD 2022 LK http://hdl.handle.net/10347/27540 UL http://hdl.handle.net/10347/27540 LA glg DS Minerva RD 22 abr 2026