RT Generic T1 Rehabilitación da cognición social en pacientes con traumatismo cranioencefálico : unha revisión sistemática A1 Paredes Medina, Elena K1 Cognición social K1 Traumatismo cranioencefálico K1 Rehabilitación K1 Recoñecemento emocional K1 Teoría da mente K1 Habilidades sociais K1 Social cognition K1 Traumatic brain injury K1 Theory of mind K1 Theory of mind K1 Social skills AB A relevancia da rehabilitación da cognición social en pacientes con TCE radica no seu impacto directo na reintegración social e funcional destas persoas. Obxectivo. Examinar a evidencia dispoñible sobre as intervencións para a rehabilitación da cognición social en pacientes adultos con traumatismo cranioencefálico (TCE). Método. Revisión sistemática en tres bases de datos (Scopus, PubMed e PsycINFO), ata maio de 2024. Seleccionáronse ensaios clínicos aleatorizados (ECA), estudos cuasiexperimentais e de caso único que abordaban intervencións centradas no recoñecemento emocional, teoría da mente, habilidades sociais e autorregulación emocional. A calidade metodolóxica dos estudos foi avaliada mediante RoB 2.0 para os ECA e ferramentas específicas para os estudos cuasiexperimentais e de caso único. Resultados. Identificáronse 22 estudos que cumprían os criterios de inclusión, revelando un risco de nesgo xeralmente baixo nos ECA e unha maior variabilidade nos cuasiexperimentais. Os achados mostraron a efectividade das intervencións multicompoñente e tecnolóxicas (SoCoBo, telepráctica) para mellorar o recoñecemento emocional, a teoría da mente e a autorregulación emocional. Así mesmo, o Cognitive Pragmatic Treatment (CPT) mostrou un alto impacto na recuperación de habilidades pragmáticas. Conclusións. As intervencións tecnolóxicas e multicompoñente emerxen como as máis prometedoras para a rehabilitación da cognición social en TCE. A pesar dos resultados positivos, identificáronse limitacións como a heteroxeneidade nos protocolos, a falta de seguimento a longo prazo e a escasa representación de pacientes en fases subagudas. Esta revisión proporciona unha síntese actualizada da evidencia, destacando a necesidade de estudos máis robustos e estandarizados para optimizar a integración social destes pacientes AB The relevance of social cognition rehabilitation in patients with TBI lies in its direct impact on their social and functional reintegration. Objective. To examine the available evidence on interventions aimed at rehabilitating social cognition in adult patients with traumatic brain injury (TBI). Method. A systematic review was conducted in three databases (Scopus, PubMed, and PsycINFO) up to May 2024. Randomized controlled trials (RCTs), quasi-experimental studies, and single-case designs focusing on emotional recognition, theory of mind, social skills, and emotional self-regulation were included. Methodological quality was assessed using RoB 2.0 for RCTs and specific tools for quasi-experimental and single-case studies. Results. Twenty-two studies met the inclusion criteria, showing a generally low risk of bias in the RCTs and more variability among quasi-experimental designs. Findings highlighted the effectiveness of multicomponent and technology-based interventions (e.g., SoCoBo, telepractice) in improving emotional recognition, theory of mind, and emotional regulation. Likewise, the Cognitive Pragmatic Treatment (CPT) demonstrated high impact on pragmatic communication skills recovery. Conclusions. Multicomponent and technology-based interventions emerge as the most promising for social cognition rehabilitation in TBI. Despite positive outcomes, limitations were identified, such as heterogeneity in protocols, lack of long-term follow-up, and underrepresentation of patients in subacute phases. This review provides an updated synthesis of the evidence, underlining the need for more robust and standardized studies to optimize patients’ social integration YR 2025 FD 2025 LK https://hdl.handle.net/10347/43627 UL https://hdl.handle.net/10347/43627 LA glg NO Traballo Fin de Grao en Psicoloxía. Curso 2024-2025 DS Minerva RD 6 jun 2026