RT Generic T1 Economía circular e dinámica sectorial e territorial das actividades da reparación na Unión Europea e en Galiza A1 López-Bermúdez, Francisco K1 Economía circular K1 Sustentabilidade K1 Reparación económica K1 Unión Europea K1 Sostenibilidad K1 Circular economy K1 Sustainable economy K1 Economic reparations K1 European Union AB Neste traballo estudamos as implicacións socioeconómicas das actividades da reparación no ámbito da Unión Europea con atención especial á dimensión territorial das mesmas. O traballo consta dunha parte introdutoria; o desenvolvemento do corpo do traballo, onde facemos unha primeira parte de introdución teórica e unha segunda parte de análise empírica e a parte final do traballo, que inclúe as conclusións e as ampliacións. Os obxectivos do traballo son determinar as implicacións socioeconómicas e territoriais das actividades de reparación dende a perspectiva da economía circular. Tres son as preguntas que guían o traballo: Cal é o papel que se atribúe á reparación na literatura sobre economía circular e sustentabilidade? Cal é a situación das actividades de reparación en Europa, a evolución dos sectores e as súas características? Cal é a situación das actividades de reparación no ámbito territorial e rexional? YR 2019 FD 2019 LK http://hdl.handle.net/10347/20826 UL http://hdl.handle.net/10347/20826 LA glg DS Minerva RD 22 abr 2026