RT Book,_Whole T1 A Unión Europea e o individuo A1 Lirola Delgado, Isabel AB A unidade didáctica (en adiante, UD) que agora se presenta sitúase no marco da materia Institucións e Dereito da Unión Europea que se imparte no segundo curso (segundo cuadrimestre) do Grao en Dereito. Esta materia ten a mesma estrutura básica e contidos que a materia Institucións de Dereito Comunitario do segundo curso da Licenciatura en Dereito, aíndaque a súa denominación cambiara coa posta en marcha do Grao e debido ás reformas introducidas polo Tratado de Lisboa. Polo tanto, os seus destinatarios poden ser estudantes de segundo curso do Grao ou da Licenciatura en Dereito. A explicación desta UD ocupará en total seis horas,das cales tres terán un carácter expositivo e tres serán prácticas. O traballo persoal do alumnado previsto para a súa preparación estímase en cinco horas mínimo.O estudo da Unión Europea e o seu ordenamento xurídico insírese, dentro do ámbito dos estudos xurídicos internacionais, no fenómeno do rexionalismo internacional. Este fenómeno, que non é exclusivo do continente europeo, concretouse na creación de moi diferentes organizacións internacionais rexionais, algunhas das cales van máis aló da mera cooperación intergobernamental e serven como canle para o desenvolvemento de procesos de integración. Este é o caso da Unión Europea, que constitúe un modelo único de organización internacional de integración á que os estados membros atribúen o exercicio de competencias soberanas e que ten un sistema xurídico propio, o Dereito da Unión Europea, no que se recoñecen dereitos e obrigas para os individuos. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-9887-546-1 YR 2010 FD 2010 LK http://hdl.handle.net/10347/33951 UL http://hdl.handle.net/10347/33951 LA glg NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 28 abr 2026