RT Dissertation/Thesis T1 Á resposta institucional á pobreza. Lugo (1875-1905) A1 Seijo Castro, Lois A2 Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Xeografía e Historia. Departamento de Historia Contemporánea e de América, K1 mundo da pobreza na cidade de Lugo K1 resposta institucional K1 establecementos benéficos K1 1877-1880 AB A tese de doutoramento aquí recollida contén un achegamento ó coñecemento da resposta institucional ó mundo da pobreza na cidade de Lugo durante o período que vai de 1875 ó ano 1905.A análise desa resposta leva ó estudo do funcionamento dos establecementos benéficos da cidade nese momento: a Casa Municipal de Beneficencia, O Hospital Municipal e a Casa de Maternidade e Expósitos. Cada un destes establecementos constitúe un apartado fundamental do traballo investigador.O estudo da crise de subsistencia que abarca os anos comprendidos entre 1877 e 1880 constitúe outro apartado esencial do traballo. A maneira na que se produce a resposta das institucións diante do problema que se orixina pola invasión de pobres que se produce en Lugo na primavera de 1880 é obxecto de análise nese apartado.De todo o exposto neses apartados extráense as conclusións oportunas que conforman o apartado final do traballo. YR 2016 FD 2016-05-19 LK http://hdl.handle.net/10347/14750 UL http://hdl.handle.net/10347/14750 LA glg DS Minerva RD 28 abr 2026