RT Generic T1 Primeira aproximación aos protocolos notariais de Johán Rodríguez (Catedral de Tui, 1413-1442) T2 Primera aproximación a los protocolos notariales de Johán Rodríguez (Catedral de Tui, 1413-1442) T2 First contact to the notarial registries of Johán Rodríguez (Tui Cathedral, 1413-1442) A1 Costas Fragueiro, Brais K1 Catedral de Tui K1 Galego medieval K1 Johán Rodríguez K1 Protocolos notariais K1 Prosa documental AB En liñas xerais, este Traballo de Fin de Grao ten por finalidade central realizar un primeiro achegamento aos protocolos notariais de Johán Rodríguez, da catedral de Tui (referencias arquivísticas ES.GA.36055.ACHDT/1.8.1.45.//1004_1 e ES.GA.36055.ACHDT/1.8.1.45.//1003_2). Estes foron producidos a principios do século XV, exactamente entre 1413 e 1442. Para iso, en primeiro lugar, seleccionarase un subcorpus de estudo, caracterizado por un conxunto senlleiro de documentos que reflictan a intervención da muller en asuntos relacionados basicamente coa compravenda e o aforamento de propiedades. Unha vez escollidos estes textos, procederase á súa edición e posteriores estudo e análise ecdótica. Ademais, reuniranse e estudaranse as alusións que nestes documentos se fan ao notario Vasco Lourenço de Tui, autor dunhas glosas a un exemplar do Fuero Real de Afonso X que circulou polas terras do Baixo Miño entre finais do século XIV e principios do século XV. Así pois, este Traballo de Fin de Grao supón un primeiro chanzo dentro dun proxecto de investigación máis amplo, que consistiría na edición e análise do conxunto deses protocolos notariais tudenses de principios do XV. Encádrase dentro do proxecto "Escritorio Galego-Portugués Antigo", resultado dun proceso de investigación iniciado en 2007 no seo do Instituto da Lingua Galega. Actualmente, o EGPA desenvólvese no marco de dous proxectos de investigación vencellados ás universidades de Alcalá de Henares e Santiago de Compostela: HERES (Universidad de Alcalá de Henares) e PTGM (ILG-USC). O seu obxectivo principal é ofrecerlle ao investigador textos galegos, portugueses e brasileiros producidos entre a plena Idade Media e principios do século XX en multiedición dixital: transcrición paleográfica, presentación presentación crítica, reprodución facsimilar, concordancias e acceso aos diferentes grupos textuais de acordo con distintos criterios de clasificación (cronolóxico, xeográfico, tipolóxico etc.). Para máis información, véxase: https://corpora.uah.es/egpa/. YR 2023 FD 2023-06 LK http://hdl.handle.net/10347/31088 UL http://hdl.handle.net/10347/31088 LA glg NO Traballo Fin de Grao en Lingua e Literatura Galegas. Curso 2022-2023 DS Minerva RD 22 abr 2026