RT Dissertation/Thesis T1 A dinámica das estruturas agrarias en Galicia 1962-2016; o papel do arrendamento na mobilidade das terras A1 Dios Ortiz, Javier Ramón K1 Galicia K1 Explotacións agrarias K1 Axuste estrutural K1 Arrendamento K1 Mobilidade da terra AB A presente investigación ten como obxectivo o estudo do papel do arrendamento na dinámica das estruturas agrarias en Galicia e, de forma máis concreta, a análise do rol do arrendamento no incremento da superficie das explotacións que manteñen a súa actividade, como instrumento esencial na mobilidade das terras, desde mediados do século XX ata a actualidade. Maunder formulou en 1984 a hipótese xeral de que o arrendamento permite unha maior mobilidade da terra, polo que a súa difusión facilita esa mobilidade e a ampliación das explotacións en crecemento. Os resultados da nosa investigación, en particular a análise detallada dos datos por estratos de tamaño, permiten concluír que o arrendamento xogou tamén aquí nas últimas décadas un papel non despreciable na mobilidade da terra e no redimensionamento das explotacións; se ben este papel foi menos importante en termos relativos que na maioría das CCAA españolas. YR 2021 FD 2021 LK http://hdl.handle.net/10347/27046 UL http://hdl.handle.net/10347/27046 LA glg DS Minerva RD 3 may 2026