RT Dissertation/Thesis T1 Aproximación á situación da lingua no ensino secundario a partir do discurso do profesorado de lingua e literatura galegas A1 González López, Elías K1 sociolingüística K1 lingua galega K1 glotopolítica K1 ideoloxías K1 políticas lingüísticas AB A presente investigación ten como obxectivo analizar os problemas que encontra o profesorado do ensino secundario para exercer o seu traballo nos propios centros educativos. Para desenvolver esta análise, vamos empregar, como principal ferramenta para a produción de datos, a entrevista semiestruturada. A partir dos datos producidos, vamos realizar unha análise centrada nos aspectos principais que o profesorado apunta como obstáculo para desenvolver o seu traballo. No guión elaborado para a entrevista vamos abordar diversos temas. Comezamos cunhas preguntas persoas sobre a orixe da persoa entrevistada, as linguas que fala e o traxecto ata chegar a converterse en docente de lingua galega. Estas preguntas, que van servir de introdución, vannos servir para que a persoa entrevistada entenda a dinámica da entrevista e vamos deixar claro que non existen respostas erradas ou certas, só queremos coñecer a súa opinión a través da experiencia no ensino secundario. YR 2026 FD 2026 LK https://hdl.handle.net/10347/46693 UL https://hdl.handle.net/10347/46693 LA glg DS Minerva RD 23 abr 2026