RT Dissertation/Thesis T1 Verben mit Präpositionen für die DaF-Didaktik auf A-Niveau: Identifikation, Selektion und Strukturierung auf der Grundlage empirischer Methoden A1 Gahr, Alexander K1 alemán K1 verbos K1 preposición K1 aprendizaje K1 dificultades AB Os verbos de réxime preposicional (bitten um etwas) constitúen un tema complexo para o alumnado de alemán como lingua estranxeira en todos os niveis do Marco común europeo de referencia para as linguas. Os verbos con preposición (abreviado: VCP) son unha combinación fixa dun verbo e unha preposición que é rexida polo verbo. As dificultades do alumnado maniféstanse en forma de erros como omisión, confusión e adición dunha preposición, a elección do caso erróneo coas denominadas preposicións de cambio e en problemas co adverbio preposicional. Por outra banda, frecuentemente dáse a confusión entre unha preposición e unha partícula separable dun verbo. Inférese que estes problemas débense á interrelación entre factores intra- e interlingüísticos, así como externos, que se analizarán no presente traballo. O factor intralingüístico refírese á complexidade que presentan os VCP na lingua alemá, mentres que o factor interlingüístico remite ás diferenzas existentes neste ámbito entre o español e o alemán. YR 2025 FD 2025 LK https://hdl.handle.net/10347/42166 UL https://hdl.handle.net/10347/42166 LA deu DS Minerva RD 28 abr 2026