Un futuro de envellecemento: que acontece coa produtividade?

dc.contributor.affiliationUniversidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias Económicas e Empresariaisgl
dc.contributor.authorVicente Baz, Pablo
dc.date.accessioned2023-01-18T16:15:28Z
dc.date.available2023-01-18T16:15:28Z
dc.date.issued2022-06
dc.descriptionTraballo Fin de Grao en Economíagl
dc.description.abstractAnte un futuro inminente marcado polo envellecemento, analizamos o papel que a produtividade pode desempeñar ante os novos desafíos que este cambio demográfico trae consigo. Estes novos retos van alén da sustentabilidade do sistema de pensións, afectando ás políticas fiscais, monetarias, saúde e coidados. Ante a dificultade de aumentar a forza de traballo, preguntámonos se cabe esperar un aumento da produtividade suficiente que compense o descenso do número relativo de traballadores. Analizando indicadores como a PTF ou a produtividade por hora traballada nas últimas décadas tanto en Europa como en EE.UU non semella moi realista agardar un crecemento suficientemente elevado da mesma. Ademais, numerosa literatura atopa unha forte relación entre o envellecemento e un descenso do crecemento económico, non só pola menor dimensión da forza de traballo senón, e inclusive en maior medida, pola caída da produtividade como consecuencia do propio avellentamento da forza de traballo. Porén, non todos os autores concordan con esta relación. Ademais, a base teórica segundo a cal a idade pode causar un descenso na produtividade non é de todo evidente. Mergullándonos na escasa literatura que se centra na súa fundamentación, atopamos principalmente dúas hipóteses plausibles polas que a produtividade se vería afectada pola idade. A primeira, que os traballadores de máis idade bloquean a adopción de novas tecnoloxías nas súas empresas, ante os custos e os escasos beneficios que lles supón a súa implantación. A segunda, cunha maior evidencia, que os traballadores sofren un descenso nas súas capacidades co aumento da idade. En consonancia con estes mecanismos, propóñense diferentes medidas destinadas a atenuar os posible deterioro da produtividade, como o incremento da formación ao longo do ciclo vital, incentivos ao atraso voluntario na xubilación, ou melloras na saúde. Concluímos con que deben ser utilizadas múltiples pancas para facer fronte ao envellecemento.gl
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/10347/29943
dc.language.isoglggl
dc.rightsAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional
dc.rights.accessRightsopen accessgl
dc.rights.urihttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/
dc.subjectEnvellecementogl
dc.subjectProdutividadegl
dc.subjectFormación continuagl
dc.subjectXubilacióngl
dc.subjectTarefasgl
dc.subjectHabilidadesgl
dc.titleUn futuro de envellecemento: que acontece coa produtividade?gl
dc.typebachelor thesisgl
dspace.entity.typePublication

Files

Original bundle

Now showing 1 - 1 of 1
Loading...
Thumbnail Image
Name:
2022_tfg_vicente_futuro.pdf
Size:
696.46 KB
Format:
Adobe Portable Document Format
Description: