As reescrituras dos contos marabillosos na Literatura Infantil e Xuvenil Galega
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
O obxecto central deste estudo é a reflexión e análise das reescrituras dos contos marabillosos na Literatura Infantil e Xuvenil galega dende as súas orixes até o ano 2010.
Na primeira parte, realízase unha fundamentación teórica e metodolóxica sobre o conto de transmisión oral en xeral e o conto marabilloso, en particular, reparando sobre todo nas achegas teóricas de Vladimir Propp (1928, 1946) e Antonio Rodríguez Almodóvar (1982, 1989, 2004) sobre a súa orixe, definición, caracterización e actantes, ademais de recoller as reflexións dos estudosos sobre o seu aproveitamento, modificación e reescrituras na conformación da Literatura Infantil e Xuvenil.
A segunda parte, a máis extensa, ofrece unha breve contextualización socio-política e cultural e un percorrido pola Historia da Literatura Infantil e Xuvenil galega para situar diacronicamente a produción narrativa infantil e xuvenil dos catro tipos de reescrituras dos contos marabillosos (instrumentais, lúdicas, ideolóxicas e humanizadoras), propostas por Valriu (2010), en tres periodos cronolóxicos (das orixes a 1980, de 1980 a 2000 e de 2000 a 2010) nos que se constata o abundante número de publicacións e as innovacións que ofrecen en canto ao hipotexto. Ademais, ao finalizar a panorámica de cada periodo, coméntanse máis exhaustivamente unha selección daquelas reescrituras “lúdicas”, “ideolóxicas” e “humanizadoras” máis representativas e innovadoras en cada periodo, reparando no argumento, estrutura, punto de vista, temporalización, espacialización, personaxes e ilustracións.
Finalmente coas conclusións, ademais da visión xeral e en conxunto sobre os cambios e innovacións máis salientables, achégase a tipoloxía daqueles personaxes arquetípicos dos contos marabillosos que se empregaron nas reescrituras narrativas infantís e xuvenís galegas.
Description
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl






