O impacto da identidade rexional propia nas industrias creativas e culturais : un estudo para as rexións da Unión Europea
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
Neste traballo analizamos o impacto que ten a identidade cultural e a autonomía política na capacidade das rexións europeas para desenvolver o sector das industrias creativas e culturais. Para facelo organizamos o traballo en dúas partes, máis unhas conclusións o seu remate. Nunha primeira parte, de carácter teórico, facemos unha recopilación da literatura existente sobre o tema, definindo os conceptos chave e establecendo as relación existentes entre elas dende un punto de vista teórico. Desta forma, neste apartado, xustificamos as variables empregadas na seguinte fase, de carácter empírico. Fundamentalmente basámonos nas aportacións de Richard Florida sobre a aparición e crecemento da clase creativa así como nas teorías de aglomeración espacial das actividades económicas, tomando como base as achegas de Alfred Marshall. Posteriormente discutimos o papel da identidade propia e os seus posibles efectos sobre o desenvolvemento de actividades de carácter creativo, se ben neste caso a literatura existente está pouco desenvolvida. Pasando xa a parte empírica, o que plantexamos é a construcion de varios modelos econométricos, para ilustrar as relacións. No primiero apartado presentamos a nosa base de datos. No segundo describimos o procedemento para a construción dos modelos e os problemas e solucións requeridas. Para rematar co apartado empírico presentamos os catro mellores modelos obtidos. Finalmente expoñemos as principais conclusións do traballo que poden resumirse na existencia dun impacto positivo da identidade propia e da autonomía política no desenvolvemento do sector das industrias creativas e culturais nas rexións europeas.
Description
Traballo Fin de Grao en Economía
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional








