«O un amy!» A filosofía da amizade en Confucio, Aelredo de Rievaulx e Mattèo Ricci

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers

Publication date

Tutors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

O obxectivo da presente investigación é o de analizar e afondar nas mutacións históricas e ideolóxicas do concepto de amizade, asumido como problema filosófico individualcontextual, baixo a metodoloxía da Historia Intelectual, tomando como referencia a tres autores clave Confucio (en representación da cultura filosófica oriental e da época arcaico-clásica), Aelredo de Rievaulx (en representación do pensamento occidental e da época medieval) e Matteo Ricci (en representación do Renacemento e como ponte cultural entre Oriente e Occidente) e os seus escritos máis relevantes ao respecto (as Analectas, a Amizade espiritual e Da amizade). A análise do pensamento destes tres grandes autores enriquecerase co ocasional recurso comparativo a outros pensadores que, en distintas épocas e desde distintos contextos, se ocuparon da cuestión da amizade (entre outros, Mencio, Mozi, Aristóteles, Cicerón, Santo Agostiño, Pedro de Blois, Voltaire ou Li Zhi), así como co achegamento a emocións ou sentimentos sociais (o amor) ou asociais (a inimizade) lindeiros que favorezan unha mellor comprensión do fenómeno estudado. A cuestión será abordada no marco interpretativo meta-narrativo propio da noción de problema segundo esta foi asumida e desenvolvida pola historiografía cantabrixense contemporánea: como facer; é dicir, como produción histórica suxeita a una recepción múltiple (que, ao tempo, é elaboración múltiple) segundo a forma e accidentes do seu devir histórico particular.

Description

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Rights

Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional