Espazos turísticos e de ocio no litoral galego: unha análise a diferentes escalas
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Geographic coverage
Abstract
Esta traballo de investigación pretende analizar unha modalidade concreta de turismo en Galicia, que pode englobarse dentro do termo comunmente utilizado hoxe en día, con máis ou menos éxito, de turismo litoral e que nós preferiremos denominar, de xeito máis preciso, turismo en espazo litoral. Ao longo do estudo faise fincapé, dende unha visión multidisciplinar, nas interrelacións entre as diferentes actividades de carácter ocio-turístico e o espazo litoral que lle serve de soporte. Analízanse as características principais do fenómeno turístico nos espazo litorais galegos, dende unha óptica de análise a diferentes escalas, nos seus aspectos de demanda e oferta, distribución e implicacións no territorio, sinerxías apreciables e grao de integración coa oferta turística global como a do propio destino Galicia, ademais de estudar o tratamento do tema nos documentos de planificación sectorial elaborados pola administración autonómica e central, tanto turística coma ambiental e a avaliación da incidencia das políticas públicas no seu desenvolvemento actual e futuro. Por último, e dende un enfoque aplicado, identifícanse as estratexias e medidas de actuación adecuadas a implementar polas OMDs, no marco dun desenvolvemento turístico integral do territorio litoral galego, que poidan conducir de xeito coherente á ordenación, planificación e fomento deste segmento de demanda turística do que se albiscan importantes potencialidades de futuro. A tese doutoral aborda, en definitiva, o estudo dos procesos sociais, económicos, culturais e territoriais que determinaron no litoral galego o desenvolvemento turístico, introduce un enfoque integrador e interdisciplinar dende o ámbito da xeografía e afonda, polo tanto, de xeito especial, nos condicionamentos e implicacións territoriais, a distribución espacial das actividades de turismo e ocio no espazo litoral e a consecuente configuración de diferentes espazos de ocio e destinos. Cos resultados e conclusións obtidos neste traballo de investicación ofrécese unha documentación necesaria para que os xestores das diferentes OMDs do litoral galego poidan alcanzar unha mellor comprensión e unha axeitada aproximación ao desenvolvemento e estruturación territorial do desenvolvemento turístico, como base esencial de coñecemento dende a cal orientar os seus eixes de actuación de carácter estratéxico. Neste estado da cuestión, a teoría xeral de sistemas (TXS) preséntase para as OMDs como un enfoque adecuado xa que lles permite abordar dun modo integrado o concepto de turismo nun espazo litoral; abordar a análise da súa problemática dun xeito integral e orgánico. A ordenación sistemática do turismo en espazo litoral é un sistema aberto con funcións orgánicas. Isto implica que no seu proceso de determinación hai unha selección natural de insumos que serán transformados para obter un produto tamén orgánico ás necesidades existentes, ou sexa, ordenamentos territoriais flexibles e non mecánicos, promotores dun desenvolvemento territorial equilibrado e sostible. Agora ben, para que a ordenación territorial turística do litoral teña natureza e carácter orgánico, require que as OMDs incentiven a participación activa, á vez que influinte, negociadora, das Administracións Públicas, as comunidades locais receptoras e os axentes do sector privado con intereses no turismo e dos turistas. Todos eles deben expresar e conciliar as súas necesidades e demandas sobre a base dun interese común. Neste proceso, o elemento crave é a comunicación. Obviamente, falamos de crear un sistema de xestión turística territorial dentro das OMDs onde as prácticas de gobernanza sexan un elemento central.
Description
Keywords
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl








