Xeografías críticas dos procesos de construción e de xestión das figuras de Indicación Xeográfica para produtos agroalimentarios
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
As Indicacións Xeográficas (IX) non deixaron de multiplicarse nos últimos anos en todo o mundo como ferramentas capaces de deparar diversos beneficios. De entre eles, con frecuencia destácase o seu potencial contribuír ao desenvolvemento rural dos espazos nos que se insiren. No entanto, a maior parte das investigacións en Ciencias Sociais e Humanas que analizan os xeitos nos que unha IX poden resultar beneficiosas non soen reparar no feito xeográfico deste tipo de instrumentos. A presente tese resitúa as IX dentro do marco analítico-teórico da Xeografía, co fin de ofrecer unha mirada crítica e sistemática aos procesos de construción e de xestión que determinan a capacidade destes instrumentos para satisfacer as necesidades pretendidas co seu establecemento. Con ese obxectivo, aplicáronse técnicas cualitativas en doce figuras de IX arredor do mundo para observar a diversidade de percepcións que existen entre os actores implicados nelas. A lectura conxunta de todos estes casos confirma a pertinencia de analizar as IX desde unha persepctiva xeográfica para facilitar que poidan alcanzar os seus obxectivos prácticos.
Description
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 International








