Cambio lingüístico en tempo real no léxico dispoñible do galego: a alimentación
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
Este traballo ten como finalidade contribuír a aumentar o coñecemento sobre o cambio lingüístico no léxico dispoñible do galego a partir da análise de datos do ámbito léxico da alimentación. O obxectivo fundamental desta investigación é coñecer as mudanzas que se observan entre dúas mostras de léxico dispoñible recollidas en 2008-2008 e en 2020-2021 e comprobar se algunhas das diferenzas que se rexistran gardan relación con cambios nos hábitos alimentarios. A metodoloxía que empregamos fundaméntase na documentación e análise das diferenzas que se observan entre as dúas mostras, cuxos datos foron obtidos a partir de probas de asociación libre realizadas a alumnado de 2º de bacharelato da provincia da Coruña. Tomamos como punto de partida as enquisas realizadas para o proxecto do Léxico dispoñible do galego (López Meirama & Álvarez de la Granja 2014) e reproducimos a metodoloxía deste proxecto para obter datos comparables. A análise cualitativa e cuantitativa da información rexistrada en ambas as mostras achegará información sobre a estabilidade do léxico dispoñible nun período de tempo breve, permitirá coñecer mellor a influencia do contexto no léxico que se rexistra nos cuestionarios e contribuirá a esclarecer aspectos relacionados co léxico dispoñible nunha lingua en situación de contacto para a que non hai moitos traballos previos sobre o tema.
Description
Keywords
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 International








