Evolución socioeconómica do Concello de Lugo, 1900-1925

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers

Publication date

Tutors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Geographic coverage

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

O estudo céntrase en tres ámbitos fundamentais para a comprensión da evolución socioeconómica do Concello de Lugo entre os anos 1900 e 1925, que son o político, o económico e o demográfico. 1. Ámbito político: comprende a evolución ideolóxica da composición das corporacións locais. Nesta estúdase a correlación entre a política municipal e a estatal ao longo das etapas da Restauración Borbónica e da Ditadura de Primo de Rivera. Durante a primeira, de predominio de gobernos liberais, o sistema de quenda sufrirá alteracións debido á non concordancia ideolóxica entre maiorías e alcaldes, fundamentalmente en base ao carácter personalista destes, entre os que destaca Ángel López Pérez. Coa chegada da ditadura, serán os gobernadores civís os que se apropien do poder, e a composición do consistorio pasará a estar conformada por vogais asociados, saíndo todos eles da lista de maiores contribuíntes, o que pon de manifesto unha continuidade con respecto á etapa anterior. 2. Ámbito económico: este parte da evolución económica do Concello de Lugo no seu contexto histórico-económico, tanto internacional como nacional, así como do marco lexislativo e tributario da facenda local e estatal, para o que se fai referencia ao sistema tributario de Mon-Santillán, á reforma de Fernández Villaverde e ao Estatuto Municipal.

Description

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Rights

Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 International