Caracterización dos cambios na superficie agrícola mediante técnicas de regresión: comarca de Terra Chá, 1956-2004

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers

Publication date

Advisors

Tutors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

Os cambios do uso do solo, especialmente aqueles que afectan dun modo ou outro á actividade agrícola, constitúen un tema de grande interese en Galicia debido ás importantes repercusións de tipo ambiental, económico e cultural que implican. Non obstante, estes atópanse en grande medida pendentes de ser estudados, particularmente desde o punto de vista territorial e a escala detallada. Neste traballo preséntase a utilización dunha técnica de base estatística para avaliar a influencia de diversas variables de tipo biofísico, estrutural e socioeconómico sobre a distribución xeográfica dos cambios que afectaron á superficie agrícola na comarca de Terra Chá entre os anos 1956 e 2004. Os resultados mostran que se ben o cese da actividade agrícola tivo lugar preferentemente nas áreas máis difíciles de mecanizar e máis afastadas das explotacións, con carácter xeral este deu lugar á rexeneración natural do mato nas áreas máis afastadas dos núcleos de poboación e situadas a maior altitude, mentres que deu lugar á existencia de arborado en moitas áreas máis accesibles. Respecto da transición en sentido contrario (de mato a superficie agrícola), evidénciase nos resultados a grande importancia de variables relativas ás características estruturais das parcelas na roturación de terras de monte para ser utilizadas pola agricultura na actualidade.

Description

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Rights