Arte Tardoantiga e Altomedieval na Gallaecia entre Iria Flavia e Tui (ss. IV-IX)

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers

Publication date

Tutors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Geographic coverage

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

Este traballo é unha viaxe pola Galicia altomedieval, ao longo da vía XIX do Itinerario Antonino, entre as antigas dioceses de Iria Flavia e Tui, para reunir diversas manifestacións artísticas, principalmente capiteis e outras pezas escultóricas, datadas entre os séculos IV e IX d.C. e estudalas dende a Historia da Arte e a Arqueoloxía. Historiograficamente, algunhas destas manifestacións artísticas foron consideradas como tardoantigas, suevas ou visigodas. O noso estudo fai unha revisión desas investigacións e, utilizando as propias pezas como “pezas diana”, inicia unha busca de paralelos contextualizados afíns en rasgos técnicos e morfolóxicos. Para iso, primeiro localizamos e examinamos os situs de onde procederon as pezas. Todos, a excepción de un, están relacionados con edificios cultuais relixiosos próximos á vía estudada. Posteriormente, realizamos unha análise individualizada de cada unha das pezas, extraendo as súas particularidades concretas, que son contrastadas coas pezas de outras áreas, sobre todo do norte de Portugal e lugares limítrofes da Galicia actual. O contraste condúcenos a varios resultados, como que moitas das pezas posiblemente pertenzan a etapas posteriores ás contempladas pola historiografía, que na Galicia altomedieval actuaron importantes talleres escultóricos que expandiron os seus modelos polas vías de comunicación do momento, ou que moitos sistemas decorativos e programas iconográficos se mantiveron durante centurias.

Description

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Rights

Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional