Democracia e cidadanía: Achegas dende unha Ecoloxía Política reconstruída

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers

Publication date

Tutors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

A natureza é un motivo recorrente do pensamento, un onde en non poucas ocasións a promesa de pureza e inocencia é acompañada pola chamada a suprimir toda mediación e erradicar toda impureza. Cativada polo mundo natural a cuxa protección se consagra e cuxa defensa sostén, a ecoloxía política confundiu dende as súas orixes o obxecto da súa atención co seu reflexo. A dependencia verde respecto dunha concepción da natureza e da súa relación coa sociedade, que está máis preto do mito que da realidade, propiciou unha debilidade teórica e unha inconsistencia prescriptiva que o seu entusiasmo voluntarista non chega a compensar. A súa tendencia a traducir preceptivamente as leis da natureza para convertelas en leis de ordenación social contribúe a ontoloxizar un discurso cuxa soa evidencia espontánea, convérteo en pre-político e subtráeo a toda contestación. Este é o fracaso do ecoloxismo político: a súa incapacidade para artellar unha defensa non-natural dunha natureza non idealizada, o seu abandono ao vello naturalismo que sitúa un espello fronte ao mundo natural e pretende que a sociedade reflíctase nel. Convén preguntarse si esta deriva naturalista está prefigurada na propia constitución da ecoloxía política, si todo intento por dar forma a unha política verde está condenada a reproducila. A resposta é non. É posíbel construír un ecoloxismo político non naturalista e asentado sobre unha comprensión alternativa e realista da natureza e das relacións da sociedade coa súa contorna. É posíbel defender unha política verde cuxas relacións coa modernidade e a democracia non se distingan pola súa ambivalencia e a súa continxencia, senón por un vencello necesario que resulta do seu carácter de instancia crítica e reflexiva. Esta ecoloxía política é aínda antes unha promesa ca unha realidade, debe resultar dun proceso de construción preceptiva que é ao tempo reconstrución crítica do ecoloxismo existente. Tal é o obxecto deste traballo.

Description

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Rights

Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl