O labor de experimentación e divulgación agronómica da Granxa da Devesa (1916-1936)
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
Neste traballo preséntanse os resultados dun
estudo sobre a Escola Agrícola Pedro Murias no relativo ao
seu papel como institución adicada á experimentación
agropecuaria e á divulgación. Un labor que se desenvolveu
entre 1916 e 1936 na parroquia A Devesa, concello de
Ribadeo, e que parte do interese particular dun indiano por
fundar un centro que permitira aos labregos da comarca
innovar as súas explotacións. Coincide no tempo con outras
institucións creadas polo Estado co obxectivo de facer
competitivos os produtos agrogandeiros españois no marco
dunha agricultura mundializada e inmersa nun novidoso
marco capitalista. A institución devesá, a través dos seus
directores, vaise postular nos grandes debates agronómicos
do momento (mellora da raza vacúa galega, opción
produtiva da gandería, etc.) e levar a cabo un destacado
labor de experimentación e divulgación que se ben non
consegue converterse nun referente a nivel galego, malia
súa potencialidade, resulta decisivo no avance do agro da
comarca de Ribadeo.








