Os modelos culturais de enfermería: unha alternativa á xestión tradicional da profesión

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers

Publication date

Tutors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

Este traballo pretende analizar onde se sitúa a profesión enfermeira que se encontra inserida dentro dun sistema dominado polo modelo biomédico e no que os coidados consisten na aplicación de técnicas aprendidas. O obxectivo planeado consiste en explicar a actividade profesional enfermeira no momento actual e maila súa proxección de futuro, dende o punto de vista do influxo da cultura dos usuarios a fin de que estes sexan o cerne real dos coidados profesionais, actuando como individuos activos no seu proceso de saúde. Para elo analízanse diferentes items como o xénero, a imaxe dos profesionais, a xerarquía nos coidados ou a importancia do tempo e do espazo no momento de realizalos. O estudo é exploratorio cualitativo empregando a metodoloxía etnográfica para a recollida de datos que son analizados dende a fenomenoloxía. O campo no que se realizan as pescudas está delimitado xeograficamente dentro da Área de Xestión Integrada Lugo, Cervo e Monforte do Servizo Galego de Saúde, analizando tanto institucións públicas como privadas nas que se practica asistencia clínica e de formación de profesionais sanitarios. As unidades de análise empregadas están formadas pola visión que usuarios e profesionais teñen da enfermaría, tanto directamente como a través das diferentes canles de comunicación social, así como sobre o presente e o futuro da profesión. A enfermaría realiza coidados humanísticos pero só o pouco que lle permite o modelo actual, motivo polo que deberá afianzarse na súa autonomía e na importancia de conseguir un canon que contemple a faceta cultural dos usuarios, camiñando así cara un modelo holístico e interdisciplinar. Na consecución destas metas deben intervir os profesionais de enfermaría dende os diferentes ámbitos nos que se exerce a profesión, xa sexa docente, de xestión, investigación ou clínica.

Description

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Rights

Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl