Entre illas. Reciclaxe e arquivo no cinema galego
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Galaxia
Abstract
Nos últimos dez ou quince anos, os cambios técnicos ligados á era dixital teñen feito proliferar diferentes traballos audiovisuais (no cinema, pero tamén na televisión, no videoclip e noutros ámbitos) que reutilizan imaxes e sons tomados noutros momentos e normalmente con outras intencións. Á vez, a capacidade da rede para funcionar como medio de distribución facilita a aparición de arquivos en liña (ou a apertura a través da rede de arquivos físicos) que fan accesibles multitude de materiais á vez que permiten a novos e novas cineastas crear directamente para os arquivos, reflectindo a dificultade actual de acotar o cinema a un formato ou un modo de distribución concreto. Deste xeito, obsérvanse no cinema galego unha serie de tendencias interesantes consecuencia deste contexto: reutilización de material como exercicio de memoria, resignificación creativa e política do material, creación de arquivo e funcionamento destes como lugares de poder... Neste texto abórdanse estas cuestións a través de exemplos como 'Fóra' (Xan Gómez Viñas e Pablo Cayuela), 'Doli doli doli... coas conserveiras. Rexistro de traballo' (Uqui Permui), 'Vikingland' (Xurxo Chirro), 'CCCV' (Ramiro Ledo), 'Pensando en Soledad' (Marcos Nine) e a súa relación con iniciativas de arquivo como Proxecto Socheo ou Contenedor de Feminismos e coa obra recuperada de cineastas como José Ernesto Díaz Noriega, Teo Manuel Abad ou Carlos Varela Veiga. Ademais, abórdanse tamén obras de apropiación de Alberte Pagán, Diana Toucedo ou Ramiro Ledo e tendencias máis ligadas ao dixital e a xeración millennial en traballos do colectivo Prenom, Iria Silvosa, Lucía Estévez, Marta Valverde ou Brais Romero.
Description
Keywords
Bibliographic citation
Tenreiro Uzal, C. (2020). Entre illas : reciclaxe e arquivo no cinema galego. En: Para unha historia do cinema en lingua galega. De illas e sereas. Galaxia (pp. 44-68)
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Publisher version
https://editorialgalaxia.gal/produto/para-unha-historia-cinema-en-lingua-galega-de-illas-e-sereas/Sponsors
Rights
Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 International








