Lentes de contacto brandas como sistemas de administración de fármacos

dc.contributor.affiliationUniversidade de Santiago de Compostela. Facultade de Óptica e Optometría
dc.contributor.authorPereiro Vidal, Tamara
dc.contributor.tutorPena Verdeal, Hugo
dc.contributor.tutorNoya Padín, Verónica
dc.date.accessioned2024-10-30T12:23:34Z
dc.date.available2024-10-30T12:23:34Z
dc.date.issued2024
dc.description.abstractNeste traballo preséntanse as lentes de contacto brandas (SCL, do seu termo en inglés Soft Contact Lenses) como sistemas liberadores de fármacos, propoñéndoas unha alternativa á administración de gotas oftálmicas para o tratamento de enfermidades oculares. A pesar de que as gotas oftálmicas representan o 95% do mercado de fármacos oculares, sofren diversas limitacións, destacando principalmente a baixa dispoñibilidade causada polo reducido tempo de residencia ocular. Para superar estas limitacións e manter niveis terapéuticos adecuados durante un período de tempo máis longo propuxéronse as lentes de contacto brandas de administración de fármacos (DDSCL, do seu termo en inglés Drug Delivery Soft Contact Lenses). As vantaxes do uso de SCL fronte ó emprego de gotas oftálmicas son notorias: ofrecen a posibilidade de personalizar a dose de fármaco, a dosificación é máis precisa e permiten a redución da dose que atenúa a absorción sistémica, o que provoca unha redución do risco de efectos adversos colaterais, entre outros. O atractivo das DDSCL deu lugar a numerosos estudos de investigación que desenvolveron sistemas cunha alta capacidade de carga de fármacos e unha liberación equilibrada e controlada destes. Realizarase unha revisión de diversos destes estudos, destacando as posibles variacións das características químicas e físicas que poden presentar as DDSCL e a súa relevancia no tratamento de diversas enfermidades oculares, como glaucoma ou diabetes. Ademais, expoñerase unha tendencia máis recente como son as Lentes de Contacto (LC) intelixentes, unha versión máis innovadora das DDSCL que permiten axustar a dose do fármaco liberado en función dos cambios fisiolóxicos detectados por elas mesmas.
dc.identifier.urihttps://hdl.handle.net/10347/37586
dc.language.isoglg
dc.rightsAttribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 International
dc.rights.accessRightsopen access
dc.rights.urihttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/
dc.subjectLentes de contacto brandas
dc.subjectDrug Delivery Soft Contact Lenses
dc.subjectEnfermidades oculares
dc.subjectGlaucoma
dc.titleLentes de contacto brandas como sistemas de administración de fármacos
dc.typebachelor thesis
dspace.entity.typePublication
relation.isAdvisorOfPublicationa33f1b46-c5e2-417e-99e1-317d1e6e3ff6
relation.isTutorOfPublicationa33f1b46-c5e2-417e-99e1-317d1e6e3ff6
relation.isTutorOfPublication.latestForDiscoverya33f1b46-c5e2-417e-99e1-317d1e6e3ff6

Files

Original bundle

Now showing 1 - 1 of 1
Loading...
Thumbnail Image
Name:
Tamara Pereiro Vidal.pdf
Size:
940 KB
Format:
Adobe Portable Document Format