Proposta dun indicador sintético de ruralidade: unha aplicación ao caso de Galicia
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
A ruralidade, como moitos outros termos empregados polas ciencias sociais, trátase dun concepto multidimensional sobre o cal non existe un criterio de definición xeralmente aceptado. Esta falta de consenso, xunto coa multitude de disciplinas científicas implicadas na súa análise, fan do rural un termo difícil de aproximar. Así, o presente traballo ten como obxectivo facer unha proposta para medir o grao de ruralidade dun territorio a través da metodoloxía dos indicadores sintéticos, co obxectivo último de aplicala sobre as comarcas galegas. Para acadar este obxectivo, comézase repasando as diferentes acepcións que se lle confiren ao medio rural, facendo fincapé no enfoque pragmático e operativo baseado en variables demográfica empregado polas institucións cara este fin. Preséntanse, ademais, algúns traballos previamente elaborados que tiñan por obxecto medir a ruralidade de diferentes territorios, facendo posteriormente un repaso da metodoloxía dos indicadores sintéticos, punto no que se idenfitican as fases a seguir na construción dos mesmos e as posibles metodoloxías a empregar en cada unha delas. Finalmente, en base ao marco teórico previamente elaborado, defínese un índice sintético que permita medir a ruralidade tendo en conta o seu carácter multidimensional. Dito índice é posteriormente aplicado sobre as comarcas galegas, comparando os resultados obtidos cos dos outros traballos que buscaban definir este concepto para Galicia. Conclúese así que o emprego do índice sintético de ruralidade proposto permite unha maior diferenciación entre rexións que os outros estudos realizados para este fin, ao tempo se que coincide con eles na heteroxeneidade que presentan as rexións galegas no relativo á súa ruralidade, observable ao comparar o leste das provincias de Ourense e Lugo, caracterizadas por un maior nivel de ruralidade, coas comarcas do Eixo Atlántico, que, xunto coas das principais cidades do interior de Galicia, son as zonas nas que se constata un menor grao de ruralidade.
Description
Keywords
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Attribution-NonCommercial-ShareAlike 4.0 International







