A ortografía e a gramática do galego nos estudios gramaticais do século XIX e primeiros anos do XX
Loading...
Identifiers
Publication date
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
Durante a segunda metade do s. XIX, coincidindo coa recuperación literaria do galego, rexístranse os primeiros intentos de describir a súa gramática, de fixar a súa ortografía e de establecer o seu corpus lexical.
Tomando como base os textos lingüísticos e os que de forma tanxencial tratan temas desta natureza, este traballo trata de aproximarse ós problemas que os primeiros estudosos do galego moderno tiveron que enfrontar á hora de elaboraren un modelo ortográfico e gramatical, ós medios empregados para superalos e ás finalmente recollidas e propostas.
Polo que se refire ó patrón ortográfico, tras estudar a influencia exercida pola tradición antiga e polos modelos portugués e español, o autor identifica dúas tendencias enfrontadas: unha simplificadora, que concibe a ortografía desde presupostos utilitarios, e outra erudita e de vocación elistista. Con respecto á descrición gramatical, o traballo estuda os paradigmas propostos para cada unha das "partes orationis" e a partir deles achega información sobre os criterios manexados no proceso de fixación da variedade culta. Con estes materiais o autor fornece datos sobre a lingua da época
Description
Keywords
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional








