Vocalismo galego. Motivacións fonolóxicas do cambio
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
Neste traballo abórdase a variación e o cambio lingüístico existentes no vocalismo
galego actual dende o marco de traballo da Fonoloxía de Labotatorio. Esta investigación
ten tres obxectivos principais: 1) obter unha primeira descrición acústica
completa do sistema vocálico do galego; 2) identificar e describir os principais
fenómenos de variación que afectan ao vocalismo tónico, pretónico e átono final; 3)
analizar os factores internos, externos e extralingüísticos que motivan esta variación.
Para poder lograr estes obxectivos, presentamos un estudo acústico descritivo
do vocalismo galego, en base a unha mostra de falantes universitarios que teñen
como lingua inicial e habitual o galego. Os resultados deste estudo permitíronnos
obter unha primeira descrición dos fenómenos de variación interna e externa. Así
mesmo, eses resultados leváronnos a formular novas hipóteses que foron testadas
experimentalmente. Os resultados desta tese permitíronnos coñecer en detalle os
principais factores internos e externos que motivan a variación e o cambio fónico no
vocalismo galego na actualidade.
Description
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional








