O lugar da arquitectura galega contemporánea (1970-2000): autorreflexións e olladas vernáculas. Teoría, historiografía, praxe

dc.contributor.advisorSánchez García, Jesús Ángel
dc.contributor.affiliationUniversidade de Santiago de Compostela. Escola de Doutoramento Internacional (EDIUS)
dc.contributor.authorRodríguez Caramés, Santiago
dc.coverage.spatialeast=-8.1338558; north=42.5750554; name=Galicia
dc.date.accessioned2023-05-15T07:33:37Z
dc.date.issued2023
dc.description.abstractO obxectivo da presente tese de doutoramento é construír un relato historiográfico e interpretativo da arquitectura galega entre 1970 e 2000 arredor dunha idea fundamental: a autorreflexión e as olladas vernáculas que articulan as propostas arquitectónicas analizadas. Non en van, estas liñas tendentes á introspección están profundamente estendidas tanto no debate interno como na crítica recibida externamente e son, polo tanto, homologábeis ás tendencias teóricas e críticas internacionais desta época histórica. Desta maneira, a articulación tripartita pretende estabelecer un contexto teórico, un compendio historiográfico e mais unha aplicación práctica e analítica de ambas as dúas cuestións arredor da produción arquitectónica destas décadas. Desde o punto de vista teórico, a liña preferente será o rexionalismo crítico, entendida non só como unha ferramenta de interese analítica e metodolóxica, senón como unha referencia historiográfica para comprender a viraxe rexional da arquitectura após a crise da modernidade. No percorrido historiográfico galego, revisaranse algúns dos principais fitos históricos que tradicionalmente se teñen visto como fundacionais deste período, taxando a súa relevancia e expandíndoos con outros feitos e unha atención á intrahistoria da arquitectura galega. A análise da arquitectura producida artellarase arredor de temáticas como o debate sobre a galeguidade da arquitectura, os diálogos coa cidade histórica e o patrimonio, as reflexións arredor do territorio e a paisaxe, a forma e a imaxe como dispositivos de transmisión de certa idea do país e da súa memoria vernácula, así como o uso de materiais e técnicas máis vinculadas á tradición. Ao longo da tese, en definitiva, poderán advertirse certas dialécticas entre modernidade e tradición ou entre as linguaxes máis contidas e as máis tendentes á espectacularización, binomios que canalizan estas viraxes rexionais da arquitectura galega contemporánea.gl
dc.description.embargo2024-04-21
dc.description.programaUniversidade de Santiago de Compostela. Programa de Doutoramento en Historia, Xeografía e Historia da Arte
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/10347/30553
dc.language.isoglggl
dc.rightsAttribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional
dc.rights.accessRightsopen accessgl
dc.rights.urihttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/
dc.subjectArquitectura galegagl
dc.subjectarquitectura contemporáneagl
dc.subjectvernáculogl
dc.subjectrexionalismo críticogl
dc.subjectteoría da arquitecturagl
dc.subjecthistoriografía da arquitecturagl
dc.subject.classificationMaterias::Investigación::55 Historia::5506 Historia por especialidades::550601 Historia de la arquitecturagl
dc.titleO lugar da arquitectura galega contemporánea (1970-2000): autorreflexións e olladas vernáculas. Teoría, historiografía, praxegl
dc.typedoctoral thesisgl
dspace.entity.typePublication
relation.isAdvisorOfPublicationdb439ef2-40dc-4530-9e59-9e39c88404a3
relation.isAdvisorOfPublication.latestForDiscoverydb439ef2-40dc-4530-9e59-9e39c88404a3

Files

Original bundle

Now showing 1 - 1 of 1
Loading...
Thumbnail Image
Name:
rep_3046.pdf
Size:
52.5 MB
Format:
Adobe Portable Document Format
Description: