VII Xornada de usuarios R en Galicia: programa e resumos
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
A Oficina de Software Libre (OSL) do CIXUG comprácese en presentar a VII
Xornada de Usuarios de R en Galicia.
Pretende ser un punto de encontro para todas aquelas persoas interesadas
en intercambiar as súas experiencias e atopar colaboracións co resto da
comunidade, ademais trátase de promocionar e difundir o coñecemento
libre da linguaxe estatística R e mostrar as súas aplicacións.
O programa contempla dezaoito relatorios ao longo de todo o día. Dos cales
catro son convidados e ás outras catorce atenderon á chamada de
recepción de propostas. Durante a xornada teremos un espazo adicado a
traballos relacionados co COVID-19, tan protagonista neste 2020, que aínda
así, grazas ás novas tecnoloxías nos permite levar a cabo esta xornada.
Entre as persoas participantes figuran especialistas do Instituto Español de
Oceanografía (IEO), da Consellaría de Sanidade, das tres universidades
galegas, así como doutras nacionais como son á Universidad de Castilla-La
Mancha (UCLM), Universidad Miguel Hernández (UMH), ou internacionais
como Universidad Cooperativa de Colombia, Universidad Santo Tomás,
Universidad de Los Llanos, e dos seguintes centros de investigación: Centro
de Investigación de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (CITIC),
Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS), Centro
Tecnolóxico de Telecomunicaciones de Galicia (Gradiant) e o Centro de
Investigación Forestal (CIFOR) do INIA, o Instituto Tecnolóxico de Matemática
Industrial (ITMATI) e de empresas como TasteLab & SENSESBIT e alumnos do
programa de Doutoramento en Estatística e Investigación Operativa e do
Máster en Técnicas Estatísticas.
Todo isto non sería posible sen o patrocinio da AMTEGA e a colaboración da
Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MeLiSA), ás
que agradecemos a súa contribución.
Description
Keywords
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
AMTEGA
Rights
Obra baixo licenza Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0 Internacional








