Estudo técnico das observacións da lúa e sol nas áreas de Cabo San Hadrián e Punta Nariga (Concello de Malpica)

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers

Publication date

Advisors

Tutors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

A contemplación das postas e saídas de sol e lúa no mar é unha experiencia que ten marabillado ao ser humano dende hai milenios, especialmente cando se goza dende unha zona que ten algún tipo de significación histórica ou xeográfica. É obvio que, nese caso, tales lugares supoñen un activo como foco de atracción turística. No marco español (o terceiro país no mundo por captación de visitantes estranxeiros), de feito, hai varias áreas que explotan ese recurso, entre as que destacan algunhas da Comunidade Autónoma das Illas Baleares, nomeadamente na illa de Ibiza. A Costa da Morte está moi ben posicionada para o artellamento de estratexias análogas. A súa condición de estremo occidental e fin do mundo do imperio romano outórgalle vantaxes sustentadas, entre outros factores, por unha mestura de lendas, historia e circunstancias xeográficas. Segundo o historiador romano Lucio Anneo Floro (c. 74 AD – c. 130 AD), o xeneral romano Décimo Xunio Bruto, logo de conquistar as zonas centro e norte do que hoxe é Portugal, chegou a unha zona que considerou a fin do mundo –non se indica se considera un punto específico ou unha franxa ampla en xeral-, e non quixo abandonala sen ver o sol afundirse no mar. Existen autores que, na base de indicios desta índole, apuntan a que a fascinación por este extremo occidental europeo podería ter devido posteriormente, na Idade Media, no mito xacobeo e o Camiño de Santiago. Contrariamente ao que se adoita pensar por inercia, existen moitos matices que enriquecen feitos tan simples como a saída e a posta do sol, incluso ata o punto de que certas situacións como a última posta de sol non se pode adscribir a unha única ubicación de xeito perma nente, por exemplo. É dicir, algo tan natural como a saída e posta da lúa e do sol é susceptible de ser singularizado en algúns territorios. No presente estudo, intentaranse identificar aqueles lugares de Galicia onde exista posibilidade de contemplar algún deles fenómenos sempre dende unha liña de horizonte no mar

Description

Keywords

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Rights

Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional

Collections