Francisco Asorey, escultor galego
| dc.contributor.advisor | López Vázquez, José Manuel B. | |
| dc.contributor.author | Iglesias Baldonedo, Maribel | |
| dc.contributor.other | Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Humanidades. Facultade de Xeografía e Historia. Departamento de Historia da Arte | |
| dc.coverage.spatial | east=-8.5441729; north=42.8768606; name=Santiago de Compostela (Galicia) | |
| dc.date.accessioned | 2016-06-17T09:55:59Z | |
| dc.date.available | 2016-06-17T09:55:59Z | |
| dc.date.issued | 2016-06-17 | |
| dc.description.abstract | En 1959 o catedrático da Universidade de Santiago, Ramón Otero Túñez, publica a obra: El escultor Francisco Asorey. Trátase dun completo estudo sobre a obra do escultor cambadés feito con testemuñas de primeira man, porque o escultor aínda vivía nesa data. Pero 56 anos da publicación desa obra penso que é necesaria unha revisión do legado artístico do escultor, feito á luz da evolución da historia da arte nos últimos anos e coa perspectiva dos máis de 50 anos transcorridos. Esta tese de doutoramento estrutúrase fundamentalmente en catro capítulos nos que se fai un percorrido pola traxectoria vital do artista e sobre todo un estudo das súas obras máis significativas. O primeiro capítulo aborda os anos de formación do escultor: Francisco Asorey nace en Cambados, Pontevedra, e marcha sendo un adolescente ao Colexio dos Salesianos de Sarriá, Barcelona, onde aprende o oficio de imaxineiro e toma contacto co estilo modernista-simbolista. Pasará logo ao Colexio, tamén Salesiano de Barakaldo e logo a Madrid. Rodin foi un referente nestes anos. Todos os escultores do ambiente madrileño imitaban ao escultor francés, pero ao noso inquedo escultor non lle gusta o que ve e empeza a investigar, na busca dun camiño propio que atopará no primitivismo da escultura románica compostelá. En 1919 instálase definitivamente en Santiago. O segundo capítulo aborda as obras dos anos 20, moi vinculadas ao movemento nacionalista da Irmandades da Fala, do que o escultor foi membro. O terceiro capítulo céntrase nas obras dos anos 30, a culminación artística do escultor coa realización dos grandes monumentos como o de Curros na Coruña ou o de san Francisco en Santiago. A Guerra Civil tronza esta evolución e no capítulo cuarto estúdanse as obras posteriores á Guerra, o momento álxido da súa carreira xa pasara pero o artista realiza algunhas obras de gran calidade nesta etapa. Nas conclusións finais abórdanse cuestións como a relación de Asorey coa crítica do seu tempo e a relación un pouco tensa coa xeración de artistas galegos coñecida como Os Novos ou renovadores. Chego á conclusión de que as influenzas entre estes artistas foron moi grandes (pero non recoñecidas) e que deben ser revisadas as contribucións de Asorey á escultura galega do s. XX, que foron moi importantes. Finalmente no capítulo seis faise unha catalogación da obra de Francisco Asorey, apórtanse fotografías e datos técnicos e na que se recollen 135 esculturas (algunhas delas inéditas), localizadas en monumentos, institucións ou coleccións particulares ou documentadas en libros ou fotografías. | gl |
| dc.identifier.uri | http://hdl.handle.net/10347/14799 | |
| dc.language.iso | glg | gl |
| dc.rights | Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl | |
| dc.rights.accessRights | open access | gl |
| dc.rights.uri | https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl | |
| dc.subject | Francisco Asorey | gl |
| dc.subject | Escultura | gl |
| dc.subject | Simbolismo | gl |
| dc.subject | Santiago de Compostela | gl |
| dc.subject.classification | Materias::Investigación::55 Historia::5506 Historia por especialidades::550602 Historia del arte | gl |
| dc.subject.classification | Materias::Investigación::62 Ciencias de las artes y las letras::6203 Teoría, análisis y crítica de las bellas artes::620309 Escultura | gl |
| dc.title | Francisco Asorey, escultor galego | gl |
| dc.type | doctoral thesis | gl |
| dspace.entity.type | Publication | |
| relation.isAdvisorOfPublication | ebf7411a-1e78-434a-a2b7-00c99bcef465 | |
| relation.isAdvisorOfPublication.latestForDiscovery | ebf7411a-1e78-434a-a2b7-00c99bcef465 |
Files
Original bundle
1 - 1 of 1