High dimensional autocompensating quantum cryptography in optical fibers implemented with discrete and integrated photonic devices
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
O obxectivo global desta tese é contribuir ao deseño de novos sistemas de criptografía cuántica e ao desenvolvemento de dispositivos fotónicos discretos e integrados que implementen operacións específicas para implementalos usando multiplexación espacial. Deste xeito, na tese propoñense novos metodos de encriptación cuántica autocompensada, que fan uso dos modos espaciais propagados por diversas fibras ópticas (fibras de poucos modos e multinúcleo) para conseguir transmitir información en alta dimensión, correxindo tódalas fluctuacións que estes sofren ao longo da transmisión pola fibra. Ao mesmo tempo, deseñanse os distintos dispositivos fotónicos necesarios para implementar ditos métodos, baseados tanto en elementos ópticos discretos como en dispositivos integrados. En particular, na tese presentanse novos dispositivos para xerar estados cuánticos útiles en criptografía (baseados en estados vórtice), así como proxectores cuánticos capaces de medir ditos estados. Ademáis, na tese demóstrase a viabilidade de fabricar ditos dispositivos de xeito integrado por medio de intercambio iónico en vidrio.
Description
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional








