"As formas cambiaron porque o mundo cambiou”: construción discursiva e interseccional de identidades de xénero e sexualidade en conversas sobre ligar
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
Esta investigación mostra, apoiándose nun corpus de datos empíricos, que as identidades de xénero e sexualidade son un produto discursivo que emerxe en interaccións orais. Aséntase sobre o marco teórico do construcionismo social e da performance para defender a complexidade intrínseca a calquera definición identitaria e a súa dependencia con respecto ao contexto interaccional máis inmediato. Argumenta que as identidades de xénero e sexualidade son plurais e que emerxen en intersección con outras -en particular, a etapa vital, a clase e a etnicidade- cando as persoas falan sobre ligar. Alén diso, aborda con especial interese a existencia de potenciais mudanzas discursivas vinculadas a cambios sociais, pois, ao estudar a relación que existe entre estes dous parámetros, é posíbel achegarse a algúns dos procesos que rexen o cambio lingüístico na Galicia das últimas décadas e que teñen impacto na construción de identidades que ilustran novos modelos de hexemonía. Por este motivo, inscríbese no proxecto de investigación “Cambio lingüístico no galego actual”, financiado polo Ministerio de Economía y Competividad (FFI2012-33845).
Description
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional








