O estatus servil na Alta Idade Media. Escravitude e servidume na sociedade galego-portuguesa (séculos IX-XII)
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
Os estudos sobre a estratificación social altomedieval recollen, en esencia, a aparición da servidume rural campesiña, como a forma de ausencia de liberdade propia do medievo. Porén, ao mesmo tempo, esta conviviu coa escravitude, converxendo ambas no estatus servil. Unha categoría tanto xurídica, pois a carencia de dereitos das persoas estaba sancionada de iure, como socioeconómica, xa que moitos campesiños libres carecían, de facto, dos mesmos dereitos vedados aos non-libres e iso tendía a asimilalos na perspectiva dos poderosos.
Con esta análise do status servil no NW peninsular preténdese aportar unha renovación, nun territorio para o que a maioría das investigacións monográficas sobre este tema se realizaron hai máis de medio século. Así, a través das fontes lexislativas, da documentación de arquivo e de variada información cronística verifícase a converxencia entre a escravitude e a servidume autóctonas durante os séculos IX-XII, a través da adscrición á terra e da instalación familiar: na servidume acabaron por reunirse case todos os campesiños e por sufrir a explotación, a dominación e ás veces tamén o desprezo dos poderosos. Os libres foron caendo nas redes da dependencia señorial ao perder as súas propiedades e converterse en rendeiros; os non-libres, en troques, acadaron a integración comunitaria por medio do seu aveciñamento e da relixión cristiá compartida. Simultaneamente, paseniño, a escravitude foránea, fundamentalmente andalusí e norteafricana, pasou a ocupar o espazo da exclusión e da alteridade plenas. Con todo, cara os séculos baixomedievais, na sociedade do NW estes escravos e escravas alóctonos, aínda que existentes, semellan ser xa moi minoritarios.
Description
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional








