Recepción, interpretación e adaptación dos clásicos grecolatinos na literatura dramática galega

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers

Publication date

Tutors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

A tradición clásica deixa unha fonda pegada na cultura occidental nas súas máis diversas formas, fenómeno ao que non escapa a cultura galega e que se manifesta claramente na literatura dramática en lingua galega. Este proxecto de investigación centrarase neste contacto entre dúas tradicións literarias ben diferenciadas e separadas por un dilatado lapso espazo-temporal, contacto que abrangue unha ampla selección de temas, motivos e estilos partillados. O teatro galego contemporáneo conta cun bo número de obras nadas da adaptación xa non só da mitoloxía grecolatina senón tamén dos autores clásicos (Sófocles, Eurípides ou Séneca, entre outros) que xa empregaron no seu momento eses mitos, sendo estes versionados en función das necesidades dramáticas. O obxectivo da investigación é a elaboración dunha publicación rigorosa que conteña unha identificación e análise dos textos máis relevantes dende a segunda metade do século XX (período no que datamos a primeira achega de importancia) ata os nosos días, acompañados dun estudo comparativo pormenorizado e exhaustivo sobre os elementos que procedan da tradición clásica.

Description

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Rights

Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional