VIII Xornada de usuarios R en Galicia: programas e resumos
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
A Asociación de usuarios de software libre da Terra de Melide (MeLiSA)
comprácese en presentar a VIII Xornada de Usuarios de R en Galicia.
Pretende ser un punto de encontro para todas aquelas persoas interesadas
en intercambiar as súas experiencias e atopar colaboracións co resto da
comunidade, ademais trátase de promocionar e difundir o coñecemento
libre da linguaxe estatística R e mostrar as súas aplicacións.
O programa contempla dezasete relatorios ao longo de todo o día. Dos
cales oito son convidados e ás outras sete atenderon á chamada de
recepción de propostas. Durante a xornada teremos unha mesa redonda
adicada a discutir sobre datos, R e COVID-19, presente nas nosas visas desde
o 2020.
Entre os participantes figuran especialistas do Instituto Español de
Oceanografía (IEO), da Xunta de Galicia: diferentes entidades como a
Consellaría de Sanidade ou o Instituto Galego de Estatística e, das tres
universidades galegas, así como doutras nacionais como son á Universidad
de Castilla-La Mancha (UCLM), Universidad de Oviedo, Universidad de
Valencia, Universidad Complutense de Madrid, e dos seguintes centros de
investigación: Centro de Investigación de Tecnoloxías da Información e das
Comunicacións (CITIC), Instituto de Biomecánica de Valencia, International
Centre for Numerical Methods in Engineering (CIMNE) e de empresas como
Nextail ou Kstats e unha profesora do Colexio Manuel Peleteiro. Santiago de
Compostela.
Todo isto non sería posible sen o patrocinio de AMTEGA á que agradecemos
a súa contribución
Description
Keywords
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
AMTEGA
Rights
Obra baixo licenza Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0 Internacional








