A Sociedade de Responsabilidade Limitada e doutrina do levantamento do veo
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
O obxecto do presente traballo é a análise da aplicación da doutrina do levantamento do veo cando o ente interposto é unha Sociedade de Responsabilidade Limitada.
Para iso, a modo introdutorio farase unha breve referencia á orixe e evolución da figura,
acudindo primeiro á xurisprudencia da doutrina de terceiros desenvolta polo Tribunal
Supremo durante as primeiras décadas do século XX.
A continuación, será obxecto de estudo a STS de 30 de maio de 1984 que marca un antes e un despois na configuración desta técnica xurisprudencial, e afondarase no argumentario que ofrece para a súa aplicación.
Para abordar as especialidades das S.L. contraporanse coa problemática propia das Sociedades Anónimas e das sociedades colectivas, xa que son os tipos sociais con que garda maiores semellanzas.
Asemede, farase especial referencia aos supostos de transformacións fraudulentas
e ás formas de evitalas: levantamento do veo e normativación.
Finalmente, atenderase ao fraude de lei como presuposto de aplicación da figura,
con especial atención ao artigo 1.2 da Lei de Sociedades de Capital como norma
de cobertura.
Por outra parte, os casos tratados clasificaranse segundo a normativa que se pretende eludir abusando da personalidade independente do ente.
A metodoloxía, imposta pola inexistencia de normativa reguladora do levantamento
do veo, parte da exposición xeral do concepto habilitante da aplicación da técnica.
O devandito concepto será posteriormente perfilado acudindo aos matices sinalados
pola última xurisprudencia relativa a S.L. A exposición dos casos resoltos polos
tribunais servirá tamén como suposto práctico que permite obter unha visión
global dos problemas e das solucións propostas.
Description
Traballo Fin de Grao en Dereito Mercantil e do Traballo
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España







