Dixitalización e innovación: dixitalización da economía e impacto nas PEMES: o caso das PEMES galegas do sector alimentario
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
O obxectivo deste traballo é realizar en primeiro lugar unha aproximación teórica ao concepto de dixitalización, así como mostrar a diferenza con outros procesos semellantes como son a transformación dixital e a innovación. Trátase dun tema que cobra unha gran importancia nos últimos anos, non só por atoparse en pleno auxe da era dixital, senón tamén polo efecto motivador que exerce a UE co seu Plan Next Generation, así como o plan de dixitalización a nivel español.
Abordarase esta temática relacionándoa coas PEMES a nivel galego e español, as cales compoñen case a totalidade do tecido empresarial, destacando cales son motivos polos que inician un proceso de dixitalización, as estratexias usadas para desenvolver este proceso e describir cales son as limitacións e dificultades para levalo a cabo. O traballo contempla unha análise empírica que, ademais de facer uso de distintas fontes estatísticas a nivel galego, español e europeo, nútrese dunha serie de entrevistas en profundidade realizadas con diferentes PEMES do sector alimentario.
Description
Traballo Fin de Grao en Administración e Dirección de Empresas
Keywords
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional



