As Comisións Provinciais de Monumentos Históricos e Artísticos de Galicia. 1836-1936
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Geographic coverage
Abstract
Nesta investigación analízase a traxectoria das Comisións Provinciais de Monumentos Históricos e Artísticos de Galicia entre 1836 e 1936. Estas cooporacións debían actuar en cada provincia coma brazos executores das directrices gobernamentais no relativo á xestión do Patrimonio Cultural. Na práctica, o contexto de precariedade institucional e material condicionaron significativamente a súa eficacia e funcionamento.
As Comisións galegas, a pesar das súas manifestas deficiencias, durante máis dun século realizaron un volume inxente de modestas actuacións que, tomadas no seu conxunto, constitúen unha meritoria contribución á conservación e posta en valor do Patrimonio histórico, artístico, arqueolóxico e documental de Galicia.
Para a reconstrucción da traxectoria das Comisións galegas apenas contamos coa documentación xenerada por elas mismas, pero sí coa abundante correspondencia intercambiada coas institucións das cales dependeron: a Comisión Central, a Real Academia da Historia e a Real Academia de Belas Artes de San Fernando. Estas fontes compleméntaronse coas noticias obtidas dos xornais, revistas e boletíns que deron eco das actuacións dos comisionados. Reconstruímos con esta documentación a meritoria actuación das Comisións na recuperación dos bens culturais desamortizados, na defensa dos monumentos ante as agresións da expansión urbana, na formación do xérnolo dos museos provinciais, promoveron excavacións arqueolóxicas e a recuperación de vestixios de interés histórico-arqueolóxico, interviron na defensa da Muralla de Lugo, na supervisión das reparacións dos edificios monumentais, etc….
A pesares das cuantiosas achegas, a historia das Comisións Provinciais está repleta de períodos oscuros, de inactividade, actuacións desafortunadas,… Unha análise contextualizada permite comprender estas circunstancias no marco da precariedade da política cultural gobernamental.
O estudo das Comisións Provinciais de Monumentos histórico artísticos de Galicia, sobre todo, permite recuperar as achegas dun amplo coleitivo de eruditos que se implicaron na defensa dos bens culturais galegos, con frecuencia sen apoios nin medios materiais.
Description
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl



