Sistemática, filoxenia e bioxeografía do xénero Santolina (Compositae)

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers

Publication date

Tutors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

O obxectivo desta tese doutoral é estudar a variabilidade morfolóxica, a taxonomía e a historia evolutiva do xénero Santolina L. (Anthemideae, Compositae), un xénero distribuído polo oeste do Mediterráneo. No traballo realízase un estudo das relacións filoxenéticas entre os taxones incluídos no xénero, e as súas relacións cos restantes xéneros da subtribo Santolininae (Anthemideae, Compositae) foron inferidas con métodos Bayesianos e de Parsimonia, a partir de secuencias dos espaciadores do ADN nuclear ribosómico, ETS (External Transcribed Spacers) e ITS (Internal Transcribed Spacers) e catro rexións non codificantes do ADN cloroplástico. Os resultados mostran que Santolina é monofilético e que a introgresión, e a aloploidización son forzas evolutivas importantes no xénero. Os resultados da análise bioxeográfica sitúan a orixe do xéneo hai 9 Ma, na era Tortoniense do Mioceno, ligado ao proceso de aridificación e desecación polo peche dos estreitos bético e rifeño. A crise mesiniense e a reapertura da comunicación a través do estreito de Xibraltar, explican a diversificación dos grandes grupos do xénero e se revelan varios procesos de vicarianza. Inclúense como resultado cinco novas combinacións no xénero e o recoñecemento da singularidade de S. ascensionis e de S. villosa respecto a S. decumbens.

Description

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Rights

Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional