A situación dos e das profesionais do Traballo Social en Galicia
Loading...
Identifiers
Publication date
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Colegio Oficial de Trabajo Social de Galicia
Abstract
O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, sendo consciente dos continuos cambios a nivel profesional e social, considera clave coñecer e elaborar un diagnóstico da situación dos e das profesionais do traballo social da Comunidade Autónoma de Galicia, dando resposta ás seguintes cuestións: cal é o perfil nas súas dimensións sociodemográficas, formativas e laborais; cómo se senten no eido laboral, cal é a súa visión do traballo social e do contexto de actuación, e cómo valoran a labor do COTSG. Se ben existen algúns estudos que analizan a situación dos e das traballadores/as sociais (Estruch e Güell, 1976; Bañez, 2005; Cuesta, 2007; Berasaluce e Berrio-Otxoa, 2008; Gómez, 2010; Torices, 2013; Cabezas, De Armas e Sabater, 2014; Lima, 2015), no caso da Comunidade Autónoma de Galicia, estes son escasos e pouco actuais. Un deles é de García Marín (1997) e leva por título “Aproximación sociolóxica aos Servizos Sociais”, e o outro, ten como persoas autoras a Torices (2010) e Gómez García (2010). Este último, ten un carácter máis específico, centrándose na situación e o perfil dos e das profesionais do traballo social de Galicia. Ambos estudos, son promovidos por persoas particulares, o que xustifica a necesidade de investigar dende a entidade colexial, nun tema que se considera de gran interese e preocupación para a disciplina. Isto permitiralle ao COTSG construír un maior coñecemento científico, que sirva como punto de partida para deseñar novas estratexias de actuación e 6 Situación dos e das profesionais do Traballo Social da Comunidade Autónoma de Galicia 2016 reivindicación que redunden nunha mellora da visión e da situación dos e das traballadores/as sociais en Galicia, así como para crear un observatorio, vinculado a esta temática, que posibilite o avance no coñecemento, a revisión e a actualización dos datos, para incidir paulatinamente no estado da cuestión.






